Metodologías y criterios para la redacción de un programa de mantenimiento de sitios arqueológicos con Arte Rupestre
Metodologías y criterios para la redacción de un programa de mantenimiento de sitios arqueológicos con Arte Rupestre
Metodologías y criterios para la redacción de un programa de mantenimiento de sitios arqueológicos con Arte Rupestre

APRENDER A CONSERVAR E PROTEXER Á ARTE RUPESTRE

Este fin de semana celebrouse o segundo curso do Plan Formativo 2017 no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) co seguinte título: “Metodoloxías e criterios para a redacción dun programa de mantemento de sitios arqueolóxicos con Arte Rupestre”. Unha actividade coordinada por Fernando Carrera, profesor da Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia, que tiña como idea principal a de proporcionar aos profesionais do sector as ferramentas metodolóxicas necesarias para enfrontarse aos traballos de conservación dos petróglifos. Un tipo de patrimonio cultural que require dun tratamento excepcional pola súa fraxilidade diante das actividades humanas e naturais, e o seu emprazamento disperso.

Os alumnos do curso foron principalmente estudantes e profesionais do mundo da Arqueoloxía e Restauración, procedentes de Galicia e Cataluña. Entre as actividades máis sobresaíntes destacamos a posta en común dos coñecementos teóricos adquiridos, mediante unha sesión práctica dentro da Área Arqueolóxica do PAAR. Desta maneira é máis sinxelo acadar un coñecemento significativo da materia coa intención de aplicalo en proxectos de conservación e restauración da Arte Rupestre.

O seguinte curso do PAAR dentro do Plan Formativo 2017 “Técnicos de documentación tridimensional da Arte Rupestre” (8 e 9 de xullo), tamén terá un enfoque próximo á restauración pola utilidade da fotogrametría como o mellor sistema de rexistro e documentación da Arte Rupestre, así como unha ferramenta de primeira magnitude de cara aos proxectos de posta en valor, como podemos apreciar nas covas rupestres de Lascaux en Francia. Neste ocasión o curso estará impartido por José Pereira, experto na xestión de imaxes científicas ao servizo do patrimonio cultural.

Metodologías y criterios para la redacción de un programa de mantenimiento de sitios arqueológicos con Arte Rupestre

METODOLOXÍAS E CRITERIOS PARA A REDACCIÓN DUN PROGRAMA DE MANTEMENTO DE SITIOS ARQUEOLÓXICOS CON ARTE RUPESTRE

Nova oferta formativa no eido da conservación e restauración da Arte Rupestre, coordinado polo profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia Fernando Carrera Ramírez, experto na conservación de materias arqueolóxicos e doutorado na conservación da Arte Prehistórica. Foi o redactor do Plan Director de Dombate e traballou no Sitio “Dólmenes de Antequera”, e tamén é asesor na Comisión de Redacción da Nominación a Patrimonio Mundial do sitio “Megalithes de Carnac”.

O programa do curso divídese en tres días (12,13 e 14 de maio) no que teremos 20 horas de formación. Nos primeiros dous días as actividades son principalmente teóricas: aspectos previos, redactar un programa de mantemento e mantemento de sitios con Arte Rupestre. E o último día é o momento de levar a práctica os coñecementos adquiridos mediante un exercicio de diagnose e estimación de riscos, deseño de medidas corrector e planificación dun programa de mantemento. Neste caso o obxecto de estudo será a elaboración dun “Plan de mantemento de Campo Lameiro”.

O prazo de inscrición do curso ábrese o día 18 de abril e remata o 10 de maio. Recomendamos a rápida formalización da matrícula porque as prazas son limitadas. Pódese facer directamente a reserva de praza dende a sección de cursos da nosa páxina web.  Máis información no seguinte correo electrónico formacion@paar.es ou no teléfono 886 151 195.

Tedes aquí un enlace do evento formativo celebrado no mes de abril para que coñezades a calidade dos cursos organizados no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

 Audiovisual Curso Narrativas de Arte Rupestre (8 de abril de 2017)

Chan da Isca
Visita nocturna Chan da Isca dentro del curso formación 2017
Visita nocturna Chan da Isca dentro del curso formación 2017
Presentación oferta formativa 2017
Presentación oferta formativa 2017

XORNADAS DE NARRATIVAS DE ARTE RUPESTRE GALEGA: DIFERENTES OLLADAS E UN NOVO PETRÓGLIFO

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) celebrou o día de onte o primeiro evento formativo do ano 2017: “Narrativas da Arte Rupestre Galega”. Máis de 50 persoas, entre os asistentes e os convidados, puideron coñecer diferentes relatos e discursos xerados a partir do estudo dos petróglifos galegos. Tivemos a sorte de escoitar na sesión da mañá as últimas liñas de investigación de Manuel Santos Estévez (Universidade de Minho), Carlos Rodríguez Rellán (USC-GEPN) e Roberto Vázquez Rozas (UVigo). E pola tarde Lara Alves (Universidade de Coimbra), Beatriz Comendador (UVigo), José Manuel Rey García (Director do PAAR), Antonio de la Peña (Conservador do Museo de Pontevedra) e o investigador Ángel Núñez Sobrino.

Dentro deste evento formativo estaba incluído un pequeno agasallo para todos os presentes: a presentación diante do público e a comunidade de arqueólogos e investigadores do novo petróglifo do Parque coñecido polo nome de “Chan da Isca” ou “A manda de cervos de Excalibur”. Fran Amexeiras, guía do Parque, foi o encargado de dirixir a visita guiada coa colaboración dunhas das persoas protagonistas da descuberta, Alia Vázquez, e a directora das actuacións de limpeza, escavación e posta en valor, Begoña Albertes. A partir deste momento este petróglifo intégrase dentro da familia de estacións rupestres do Parque coma un dos elementos de maior interese polo seu significado dentro do conxunto.

Na presentación destas xornadas o xerente do Parque, César Abella Vázquez, lembrou o plan formativo para o 2017, fundamentado en catro cursos relacionados coa Arte Rupestre deseñados coa idea de combinar as necesidades formativas de profesionais da xestión do patrimonio arqueolóxico e a querenza da cidadanía por coñecer o seu patrimonio cultural. O seguinte curso é o de “Metodoloxías e criterios para a redacción dun programa de mantemento de sitios arqueolóxicos con Arte Rupestre” (12, 13 e 14 de maio) no que agardamos chamar a atención de restauradores e arqueólogos interesados na realización de proxectos de conservación e posta en valor da Arte Rupestre.

 

Visitas Teatralizadas 2016
Cartel Noitepedras Astronómico 2016

AGASALLO DE SETEMBRO: TEATRO+NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO

Este mes continuamos ofrecendo un completo programa de actividades para converter o PAAR nun espazo vivo e dinámico para os nosos visitantes.

Nesta ocasión recomendamos pagar soamente a entrada de NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS (21:00 horas) do 10 e 17 de setembro é aproveitar a VISITA TEATRALIZADA DE OS QUINQUILLÁNS E DÁLLE VOLTA TEATRO (19:00 horas) que comezará dúas horas antes.

SÁBADOS DE SETEMBRO

3/10/17/24 de setembro de 21:00 ás 23:00 horas: NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS. Prezo: “Petróglifos e Constelacións” 10 euros (visita guiada) e “Bocatas Rupestres” 15 euros (visita guiada+ cea de bocadillo). Aforo máximo de 30 persoas. Obrigada a reserva de praza.

10/17 de setembro de 19:00 ás 20:30 horas: VISITAS TEATRALIZADAS. Prezo: Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico ou NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS.

D.NÉSTOR (Pepe Penabade), grandísimo estudoso dos petróglifos e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra volve a Campo Lameiro despois de case oitenta anos morto. Asombrado polos cambios, o defunto investigador decide botar man de LAMIA (Tero Rodríguez) e CAXIGO (Lucho Penabade), habitantes da Idade do Bronce epersonaxes principais de todos os seus escritos, para entender e compartir con todos os visitantes o novo parque arqueolóxico.
Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico ou coa entrada de NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS.

Contacto: reservas@paar.es/986696066

TeatroSetembro cartel noitepedras-SETEMBRO-3

HORARIOS 15 agosto 2016

HORARIO DO LUNS DE 15 DE AGOSTO

Lembrade que o próximo luns, 15 de agosto, teremos abertas as nosa portas para aqueles

que desexen achegarse polo Parque no seguinte horario: 11:00 ás 21:00 horas. Graciñas

pola vosa atención.