Blog

slider-generico
documentacion-programa-redes-sociais
metodoloxias-programa-redes-sociais
narrativa-programa-redes-sociais
turismo-programa-redes-sociais
narrativa-programa-redes-sociais PAAR

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro presenta a súa oferta formativa para o ano 2017

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro pretende seguir crecendo no eido da formación para o presente ano, mediante a programación de catro cursos relacionados coa Arte Rupestre: “Narrativas da Arte Rupestre galega” (Sábado, 8 de abril), “Metodoloxías e criterios para a redacción dun programa de mantemento de sitios arqueolóxicos con Arte Rupestre” (12, 13 e 14 de maio), “Técnicas de Documentación tridimensional sobre Arte Rupestre” (8 e 9 de xullo) e “Xornada profesional de Turismo Arqueolóxico” (7 de outubro). Unha proposta que combina as necesidades formativas de profesionais da xestión do patrimonio arqueolóxico (Restauradores, Arqueólogos, Técnicos de Turismo, Xestores Culturais, Guías Oficiais de Turismo) coa querenza da cidadanía por coñecer o seu patrimonio cultural.

Dentro das entidades colaboradoras contamos coa participación de cinco universidades (USC, Universidade de Vigo, Universidade de Minho e CSIC) dous centros de investigación (Incipit-CSIC e GEPN-USC), tres museos (Museo de Altamira, Museo de Pontevedra e Museo de Côa-Fundacion Côa Parque), dúas asociacións internacionais (Caminos del Arte Rupestre Prehistórico e IBERTUR) e a Escola Superior de Conservación e Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Entre os conferenciantes destacamos a presenza da nova Directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira co seu relatorio “Altamira como recurso para el turismo”, modelo pioneiro na posta en valor da Arte Rupestre na Península Ibérica.

No primeiro curso “Narrativas da Arte Rupestre galega” (Sábado, 8 de abril) fíxose unha escolma dos diferentes relatos creados polos investigadores arredor dos petróglifos de Galicia e o norte de Portugal. De feito temos entre os conferenciantes dous investigadores de universidades portuguesas: Manuel Santos Estévez (Universidade de Minho) e Lara Alves (Universidade de Coimbra); e outros tres das universidades galegas: Carlos Rodríguez Rellán (USC-GEPN), Roberto Vázquez Rozas (Universidade de Vigo) e Beatriz Comendador (Universidade de Vigo). Ademais de José Manuel Rey García (Director do PAAR) e Antonio de la Peña (Conservador do Museo de Pontevedra). Actividade formativa concibida para afeccionados ao patrimonio cultural, docentes e profesionais do sector.

DESCARGAR O PROGRAMA EN FORMATO PDF

FORMULARIO DE INSCRICIÓN>>

Na seguinte actividade formativa,“Metodoloxías e criterios para a redacción dun programa de mantemento de sitios arqueolóxicos con Arte Rupestre” (12, 13 e 14 de maio), o Doutor en Historia Fernando Carrera, especialista en conservación da arte prehistórica, impartirá un curso de 20 horas coa idea de preparar aos profesionais da restauración e arqueoloxía na protección e conservación dos petróglifos, levándose a cabo unha práctica na Área Arqueolóxica do PAAR.

O seguinte curso tamén terá un horizonte práctico para os profesionais ou afeccionados á fotografía: “Técnicas de Documentación tridimensional sobre Arte Rupestre” (8 e 9 de xullo). José Pereira será o responsable de achegarnos aos fundamentos da fotografía e fotogrametría dun xeito sinxelo e dinámico.

A derradeira actividade formativa consiste no desenvolvemento nunha “Xornada profesional de Turismo Arqueolóxico” (7 de outubro), da man dos principais expertos en turismo arqueolóxico: Jordi Juan Treserras (Universidade de Barcelona-IBERTUR), Ramón Montes Barquín (Camiños da Arte Rupestre Prehistórica), Antonio Martinho Baptista (Director do Parque Arqueolóxico Vale do Côa), Pilar Fatás (Directora do Museo de Altamira). Agardamos que estas conferencias sexan unha fonte de inspiración para articular propostas para a dinamización turística do patrimonio arqueolóxico de Galicia.

Máis información en formacion@paar.es e no teléfono 986 69 60 66

Formación PAAR Petróglifos
FotoasistentesCursoFormación
Noitepedras Astronómico 2016
ObradoirosPAARCaza
ObradoirosPAARCaza2
Visitas Teatralizadas
Xornada de Metalurxia

MEMORIA DO ANO 2016: REPENSAR O FUTURO DO PAAR

Crecemento porcentual dos usuarios próximo ao 21% 

Na obra novelística de Fred D’Aquiar a memoria convértese nun concepto temático recorrente, onde o pasado invade o presente e o futuro. Seguindo esta idea no PAAR temos que analizar polo miúdo os datos do ano 2016 para extraer conclusión válidas para mellorar xestión no día a día, e ao mesmo tempo, proxectar un horizonte de futuro.

O primeiro indicador de referencia é o número de usuarios que visitaron o PAAR no ano 2016. A cifra de 13.770 avance case un 21 % o conseguido no ano 2015. Observamos un crecemento notable no apartado de público xeral e colexios, sendo a único apartado que require dun cambio de estratexia a dos grupos organizados polo estancamento dos resultados

Estes datos globais soamente representan un dos indicadores que manexamos na nosa planificación estratéxica. Outro dos puntos positivos do ano foi a consolidación da nosa oferta formativa coa celebración de dous cursos de formación: “Técnicas de rexistro e interpretación da arte Rupestre” e “Curso de redución e fundición prehistórico do metal”. Unha liña que tentaremos fornecer no 2017 mediante o desenvolvemento de catro cursos ao longo do ano: “Iniciación á Fotogrametría”, “Avanzado de Fotogrametría”, “Arqueoloxía e Restauración”, “Narrativas da arte Rupestre” e “Foro de Turismo Arqueolóxico”. Chegamos a conclusión de que o PAAR pode e debe ser un referente no campo da arte Rupestre do Noroeste Peninsular para potenciar a súa imaxe de marca e establecer liñas de colaboración con escolas, museos e universidades.

Entre as actividades culturais programadas polo Parque o ano 2016 destacamos o éxito de público da exposición de “Figuras nas rocas. Un percorrido visual polos petróglifos de Galicia” de Xullo Gil, e o “Showcooking prehistórico” de man da empresa portuguesa PrehistoricSkill. Por outra banda, o público tamén valorou a diversidade de propostas coas visitas teatralizadas dos “Quinquilláns e Volta de dálle Teatro” e a “Xornada de Fundición” realizada por Aaron Lackinger (Uvigo).

Outra das novas liñas estratéxicas dentro do noso Plan Operativo 2015-2019 , coordinado por Jordi Juan Treserras (Universidade de Barcelona), establece a necesidade da creación de novos servizos culturais para adaptarnos as necesidades de lecer e cultura dos diferentes segmentos de público. No apartado escolar incorporamos novos obradoiros, destacando en especial o de “Sons da Idade do Bronce” e o de “Arqueólogos por un día”; e aproveitamos a nosa capacidade e destreza de equipa de didáctica para ofertar diversos talleres en Semana Santa e os fins de semana de xullo e agosto, concibido neste caso para satisfacer a un público familiar.

Un apartado especial merece NOITEPEDRAS, o novo formato de visitas nocturnas, gastronomía e lecer nocturno que lanzamos desde que asumimos a xestión do PAAR. No ano 2015 apostamos pola combinación de visitas nocturnas, música en directo e gastronomía tradicional de calidade. O seguinte ano quixemos darlle unha volta e trocar os percorridos e a comida, rematando por incorporar un NOITEPEDRAS de temática astronómica no mes de setembro, da man do astrólogo cultural Benito Vilas, que resultou dun éxito total, enchendo varios días todas as prazas dispoñibles. Isto mostra que outro do camiño que temos que traballar é a conexión da arqueoloxía coa astronomía. Tal como apuntounos no mes de agosto o prestixioso fotógrafo de paisaxes arqueolóxicas Ken Williams.

Outro dos novos servizos para o ano 2017 depende do espectacular achado o ano anterior do espectacular petróglifo “A manda de cervos de Excalibur” atopado na contorna do Parque. Despois da escavación, documentación e acondicionamento desta área por parte da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, temos a posibilidade de explicar a localización da “Pedra Rosetta” do conxunto dos petróglifos do Parque. Unha imporanche descuberta grazas o traballo dos investigadores Alia Vázquez e Benito Vilas (GEPN-USC) ao redor do mundo da fotogrametría e Arte Rupestre. A localización deste petróglifo vai supor unha revolución no discurso narrativo dos guías, e tamén na creación de novos itinerarios e actividades complementarias que nos axuden a comprender a súa importancia dentro do conxunto do Parque.

Pechamos a memoria do 2016 falando de como nos ven os usuarios. Neste caso omitiremos as nosa enquisas internas e poremos o exemplo das redes sociais, outro indicador fundamental para coñecer o grao de satisfacción dos visitantes do Parque. Por exemplo, na conta de Centro de Interpretación del Arte Rupestre de Campo Lameiro temos unha nota positiva: 15 críticas co cualificativo de excelente, 15 de moi bo, e 2 de normal. Entre os elementos máis valorados son a calidade das instalacións, a amabilidade e coñecementos dos guías, a espectacularidade dos petróglifos inseridos nun belo espazo natural. Pola contra, o negativo é o prezo da entrada e o emprazamento do Parque. Non podemos deixar de escoitar ao noso público.

Agradecementos a todos aqueles noivos da arte Rupestre. Como dicía Roberto Branco Torres: “Non se ama o que non se coñece”.

img-20160929-wa0003
imagenjordijuan
otra-imagen-proyecto-hector

O NOVO MODELO DE XESTIÓN DO PAAR NO SIMPOSIO DO PROXECTO HÉCTOR

O xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), César Abella Vázquez da empresa TRIVIUM, foi convidado pola Université Paris-Sorbonne a presentar unha ponencia no Congreso sobre a Gobernanza Turística dos Itinerarios Culturais. Cooperación, Creatividade e Innovación. Unha actividade enmarcada dentro do proxecto HECTOR, financiado pola Comisión Europea no marco do programa Erasmus+ e organizado polas universidades de EIREST ( Université de Paris 1 Panthéon-Sorbonne), CAST ( Università di Bologna – Campus Rimini) e do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais – Consello de Europa.

A comunicación tivo como idea principal amosar o deseño e implementación do novo modelo de xestión turística e cultural do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un espazo arqueolóxico integrado dentro do Itinerario Cultural Europeo de Camiños de Arte Rupestre (CARP) dende o ano 2011.

O novo programa de acción ten por finalidade aumentar tanto o número total de visitantes, como o seu grao de satisfacción e de calidade na visita. Para iso, puxéronse en marcha diversos programas en relación á colaboración e activación da poboación local; o deseño e comercialización de novos produtos turísticos; nova estratexia comunicativa; o deseño e comercialización de actividades para público escolar e familiar; e a colaboración conxunta con universidades na organización de programas formativos para especialistas e público non iniciado. Un traballo que xa está dando froito en diferentes segmentos do público que visitan o Parque, especialmente o escolar e familiar.

img-20160929-wa0003imagenjordijuanotra-imagen-proyecto-hector

TeatroSetembro
cartel noitepedras-SETEMBRO-3

AGASALLO DE SETEMBRO: TEATRO+NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO

Este mes continuamos ofrecendo un completo programa de actividades para converter o PAAR nun espazo vivo e dinámico para os nosos visitantes.

Nesta ocasión recomendamos pagar soamente a entrada de NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS (21:00 horas) do 10 e 17 de setembro é aproveitar a VISITA TEATRALIZADA DE OS QUINQUILLÁNS E DÁLLE VOLTA TEATRO (19:00 horas) que comezará dúas horas antes.

SÁBADOS DE SETEMBRO

3/10/17/24 de setembro de 21:00 ás 23:00 horas: NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS. Prezo: “Petróglifos e Constelacións” 10 euros (visita guiada) e “Bocatas Rupestres” 15 euros (visita guiada+ cea de bocadillo). Aforo máximo de 30 persoas. Obrigada a reserva de praza.

10/17 de setembro de 19:00 ás 20:30 horas: VISITAS TEATRALIZADAS. Prezo: Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico ou NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS.

D.NÉSTOR (Pepe Penabade), grandísimo estudoso dos petróglifos e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra volve a Campo Lameiro despois de case oitenta anos morto. Asombrado polos cambios, o defunto investigador decide botar man de LAMIA (Tero Rodríguez) e CAXIGO (Lucho Penabade), habitantes da Idade do Bronce epersonaxes principais de todos os seus escritos, para entender e compartir con todos os visitantes o novo parque arqueolóxico.
Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico ou coa entrada de NOITEPEDRAS PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS.

Contacto: reservas@paar.es/986696066

TeatroSetembro cartel noitepedras-SETEMBRO-3

cartel noitepedras-SETEMBRO-3
noitepedra09

NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO: “PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS”

O éxito acadado na edición de NOITEPEDRAS 2016 lévanos a continuar no mes de setembro cunha novidade importante pola temática escollida nesta ocasión, centrada na explicación da relación dos petróglifos coa paisaxe celeste da súa época, a Idade do Bronce.

O encargado desta actividade é o experto en astronomía cultural Benito Vilas, autor de varias publicacións no eido da arqueoastronomía e megalitismo despois do seu paso polo máster de Astronomía Cultural y Astroloxía da Universidade de Gales Trinity Saint David. Benito falará dos mitos gregos de creación do universo asociados coas constelacións, e da curiosa teoría de interpretación da cornamenta do cervo de Laxe dos Carballos coma un calendario solar.

O prezo por participar nesta edición de NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO é de 10 euros/persoa na opción de soamente visita guiada “Petróglifos e Constelacións”, e 15 euros/persoa no caso de escoller a modalidade de “Bocatas Rupestres”, xa que ademais da visita guiada, inclúe un bocadillo e un refresco para cear na contorna do poboado da Idade do Bronce.

Agardamos que poidades gozar connosco desta singular oferta de turismo astronómico que pretende aproveitar a practicamente nula contaminación lumínica existente no Concello de Campo Lameiro.

Horario: tódolos sábados de setembro (3, 10, 17 e 24) de 21:00 á 23:00 horas.

Prezo: “Petróglifos e Constelacións” 10 euros (visita guiada) e “Bocatas Rupestres” 15 euros (visita guiada+ cea de bocadillo).

Lugar: Parque Arqueológico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (www.paar.es).

Contacto: reservas@paar.es/986696066. Aforo máximo de 30 persoas. Obrigada a reserva de praza.

cartel noitepedras-SETEMBRO-3noitepedra09

FUNDICIÓN AGOSTO-gal
FUNDICIÓN AGOSTO-esp
FUNDICIÓN AGOSTO-gal
Fundición

EXHIBICIÓN DE FUNDICIÓN PREHISTÓRICA: A ELABORACIÓN DUN PUÑAL DE BRONCE

Este sábado, día 20 de agosto, teremos a posibilidade de ollar no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) unha demostración das técnicas empregadas no pasado no traballo do metal, concretamente na fabricación dun puñal de bronce. Esta actividade xa foi realizada este mesmo ano no Parque por Aaron Lackinger, investigador experto en metalurxia do GEAAT- Universidade de Vigo-Universidade de Granada. Pero nesta ocasión está concibida dende unha perspectiva máis didáctica e amena para que o público xeral poida comprender a relación do mundo dos petróglifos e da metalurxia.

No desenvolvemento da actividade empregaremos unha estrutura de fundición simple, consistente nunha fenda no chan, alimentada por dous foles de coiro de cabalo, a través de dúas tobeiras cerámicas. Como combustible empregarase carbón vexetal, feito de uz.

A fundición repetirase dúas veces. Pola mañá será de 12:00 h. Á 14:00 h. e pola tarde de 17:00 h. á 19:00 h.

Esta actividade é de balde. Só se paga a entrada ao Parque.

FUNDICIÓN AGOSTO-galFundición

HORARIOS-15 agosto (2)

HORARIO DO LUNS DE 15 DE AGOSTO

Lembrade que o próximo luns, 15 de agosto, teremos abertas as nosa portas para aqueles

que desexen achegarse polo Parque no seguinte horario: 11:00 ás 21:00 horas. Graciñas

pola vosa atención.

Showcookingprehistorico
AGENDAVERANOACTIVIDADESFINALISIMA4
ANUNCIO-OBRADOIROS-CAST
ANUNCIO-OBRADOIROS-GAL

AXENDA DE AGOSTO: NOITEPEDRAS, TEATRO E OBRADOIROS

Este mes continuamos ofrecendo un completo programa de actividades para converter o PAAR nun espazo vivo e dinámico para os nosos visitantes.

VENRES DE AGOSTO

5/12/19/26 de agosto: NOITEPEDRAS 2016. Visita guiada (22:00 horas) e Cea (23:30 horas). Prezo: 10/20/30 €. Reserva de praza.

Evento de ocio nocturno para ollar os petróglifos mentres desfrutamos da gastronomía local . Tres opcións: Só Petróglifos (Visita guiada/10 €), Vía Gastro (Cea/20 €) ou Cea Pagana (Visita guiada+ cea/30 €).

SÁBADOS DE AGOSTO

6/13 de agosto: VISITAS TEATRALIZADAS (19:00 horas) . Prezo: Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico. Reserva de praza.

D.NÉSTOR (Pepe Penabade), grandísimo estudoso dos petróglifos e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra volve a Campo Lameiro despois de case oitenta anos morto. Asombrado polos cambios, o defunto investigador decide botar man de LAMIA (Tero Rodríguez) e CAXIGO (Lucho Penabade), habitantes da Idade do Bronce epersonaxes principais de todos os seus escritos, para entender e compartir con todos os visitantes o novo parque arqueolóxico.
Actividade de balde coa entrada ao Parque Arqueolóxico.

SÁBADOS E DOMINGOS DE AGOSTO

OBRADOIROS FAMILIARES (Caza, Lume, Barro e Mestre Petroglifeiro) 13:30 e 18:00 horas. Prezo: 2 euros/ persoa. Reserva de praza.

Complementa a túa visita ao PAAR con actividades para “sentir e vivir” a Prehistoria. Aprende ti mesmo a facer lume, elabora cacharros de cerámica, coñece as técnicas de caza ou deseña novos petroglifos. E todo isto acompañado da túa familia o dos teus amigos para facelo máis divertido.

Agenda Agosto PAAR

cartel_03
cartel noitepedras1
AXENDAGRANDECORRIXIDA
AXENDAGRANDECORRIXIDA
teatralizadas1

AXENDA DE XULLO: NOITEPEDRAS, TEATRO, COCIÑA PREHISTÓRICA E TELEARQUEOLOXÍA

O PAAR deseñou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais, gastronómicas, escénicas e musicais. A nosa idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da Arte Rupestre.

O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturna ós petróglifos, acompañada dunha saborosa cea, coñecido pola denominación de NOITEPEDRAS. Aparece como novidade na nosa axenda cultural as VISITAS TEATRALIZADAS da man de Os Quinquilláns/Volta e dálle teatro. Continuamos cunha curiosa actividade gastronómica, posiblemente encadrada dentro da moda dos “showcookings”, pero nesta ocasión referido a técnicas e sabores do pasado que leva o título de COCIÑA PREHISTÓRICA. E por último mencionar a TELEARQUEOLOXIA, un obradoiro audiovisual para aqueles que desexen elaborar documentais vinculados coa Arqueoloxía e a Arte Rupestre.

Ademais o PAAR ofrece nesta época rutas guiadas con novas temáticas e espazos, a posibilidade de visitar o Parque acompañado do teu can (proxecto en colaboración con Perriturismo) e diferentes obradoiros arqueolóxicos (lume, caza, cerámica, etcétera) para achegarse dun xeito dinámico e ameno á Idade do Bronce.

 teatralizadas1 Cartel-noitepedras-reducidonovo

Tamaño pequeño1
Tamaño pequeño3
Tamaño pequeño2
EXPOSICIÓN

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “FIGURAS NAS ROCHAS. UN PERCORRIDO VISUAL POLOS PETRÓGLIFOS DE GALICIA

A partir de mañá estará aberta ao público na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, a escolma de fotografías de petróglifos realizada por Xulio Gil, matemático e fotógrafo vigués que foi “Premio da Crítica en Artes Plásticas” no ano 2013, que presume dunha fonda querenza pola Prehistoria. Esta montaxe expositiva prolongarase durante toda a semana coa idea de celebrar a efeméride do “Día Internacional dos Museos”.

A visita é gratuíta coa entrada xeral ao Parque. No caso de visitas guiadas é necesaria a reserva previa entre os días 17 e 22 de maio. Tamén o posible asistir a inauguración oficial da exposición reservada para a mañá do 18 de maio.

A exposición foi producida ao abeiro do proxecto europeo GESTART e é unha acción para darlle visibilidade ao proxecto logo da sú finalización. Logo de rematada a súa exhibición no Parque Arqueolóxico, a exposición itinerará por outros territorios de España e Portugal co obxectivo de difundir e dar a coñecer os petróglifos de Galicia.

Tamaño pequeño3 Tamaño pequeño2

Tamaño pequeño1