NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO: “PETRÓGLIFOS E CONSTELACIÓNS”

O éxito acadado na edición de NOITEPEDRAS 2016 lévanos a continuar no mes de setembro cunha novidade importante pola temática escollida nesta ocasión, centrada na explicación da relación dos petróglifos coa paisaxe celeste da súa época, a Idade do Bronce.

O encargado desta actividade é o experto en astronomía cultural Benito Vilas, autor de varias publicacións no eido da arqueoastronomía e megalitismo despois do seu paso polo máster de Astronomía Cultural y Astroloxía da Universidade de Gales Trinity Saint David. Benito falará dos mitos gregos de creación do universo asociados coas constelacións, e da curiosa teoría de interpretación da cornamenta do cervo de Laxe dos Carballos coma un calendario solar.

O prezo por participar nesta edición de NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO é de 10 euros/persoa na opción de soamente visita guiada “Petróglifos e Constelacións”, e 15 euros/persoa no caso de escoller a modalidade de “Bocatas Rupestres”, xa que ademais da visita guiada, inclúe un bocadillo e un refresco para cear na contorna do poboado da Idade do Bronce.

Agardamos que poidades gozar connosco desta singular oferta de turismo astronómico que pretende aproveitar a practicamente nula contaminación lumínica existente no Concello de Campo Lameiro.

Horario: tódolos sábados de setembro (3, 10, 17 e 24) de 21:00 á 23:00 horas.

Prezo: “Petróglifos e Constelacións” 10 euros (visita guiada) e “Bocatas Rupestres” 15 euros (visita guiada+ cea de bocadillo).

Lugar: Parque Arqueológico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (www.paar.es).

Contacto: reservas@paar.es/986696066. Aforo máximo de 30 persoas. Obrigada a reserva de praza.

cartel noitepedras-SETEMBRO-3noitepedra09