METODOLOXÍAS E CRITERIOS PARA A REDACCIÓN DUN PROGRAMA DE MANTEMENTO DE SITIOS ARQUEOLÓXICOS CON ARTE RUPESTRE

Nova oferta formativa no eido da conservación e restauración da Arte Rupestre, coordinado polo profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia Fernando Carrera Ramírez, experto na conservación de materias arqueolóxicos e doutorado na conservación da Arte Prehistórica. Foi o redactor do Plan Director de Dombate e traballou no Sitio “Dólmenes de Antequera”, e tamén é asesor na Comisión de Redacción da Nominación a Patrimonio Mundial do sitio “Megalithes de Carnac”.

O programa do curso divídese en tres días (12,13 e 14 de maio) no que teremos 20 horas de formación. Nos primeiros dous días as actividades son principalmente teóricas: aspectos previos, redactar un programa de mantemento e mantemento de sitios con Arte Rupestre. E o último día é o momento de levar a práctica os coñecementos adquiridos mediante un exercicio de diagnose e estimación de riscos, deseño de medidas corrector e planificación dun programa de mantemento. Neste caso o obxecto de estudo será a elaboración dun “Plan de mantemento de Campo Lameiro”.

O prazo de inscrición do curso ábrese o día 18 de abril e remata o 10 de maio. Recomendamos a rápida formalización da matrícula porque as prazas son limitadas. Pódese facer directamente a reserva de praza dende a sección de cursos da nosa páxina web.  Máis información no seguinte correo electrónico formacion@paar.es ou no teléfono 886 151 195.

Tedes aquí un enlace do evento formativo celebrado no mes de abril para que coñezades a calidade dos cursos organizados no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

 Audiovisual Curso Narrativas de Arte Rupestre (8 de abril de 2017)