ACTIVIDADES DE VERÁN 2017: NOVAS EXPERIENCIAS, TEMÁTICAS E ITINERARIOS

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) preparou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais. A nosa idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da Arte Rupestre e a Prehistoria.

O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturnas aos petróglifos do Parque, coñecido pola denominación de NOITEPEDRAS que este ano acada a súa terceira edición cun novo sistema iluminación LED e unha temática e itinerario diferente: “Cazadores e guerreiros na Idade do Bronce”. Continuamos coas célebres visitas teatralizadas dos Quinquilláns/Volta e Dálle Teatro coa obra “O Retorno”, e os coñecidos “Obradoiros Arqueolóxicos Familiares” para achegarse á arqueoloxía dunha maneira didáctica e divertida, aproveitando a nosa experiencia como un Centro de referencia en arqueoloxía experimental en Galicia.

O evento posiblemente máis mediático do Parque vai ser o “Taller Concerto” de Neonymus, un dos artistas musicais do momentos que Iker Jiménez defíneo como “O chamán do son”. Temos a opción de gozar do taller “Historia inventada dá música inventada” ou do concerto “Ultra-humano”. Outro evento singular e ofrecido pola portuguesa Prehistoric Skill Events consiste en vivir durante un día como na Idade do Bronce. E por último mencionar o novo formato de visita guiadas especiais para coñecer ao longo de dúas horas a paisaxe rupestre do Parque e coñecer espazos e petróglifos extraordinarios que non se atopan dentro da ruta habitual, este tipo de visita ten a denominación de “Atardeceres do Parque”.

Se todas estas actividades programadas para o verán do 2017 representan un novo fito na historia do Parque, debemos engadirlles as actividades de “Petróglifos e Estrelas” propostas pola empresa Rutea para gozar da choiva das Perseidas. Máis información de datas, prezos e reservas na nosa páxina web (www.paar.es) ou no noso teléfono 886 151 195. Descarga o cartel promocional