DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS 2019 (18 DE ABRIL)

O PARQUE ÚNESE A ESTA EFEMÉRIDE INTERNACIONAL COA REALIZACIÓN DE VISITAS GUIADAS ESPECIAIS E GRATUÍTAS CO SEGUINTE TÍTULO: “PETRÓGLIFOS, PAISAXE, SOCIEDADE: PAISAXES RUPESTRES DA PREHISTORIA”.

A participación do Parque nesta iniciativa enmárcase dentro da súa adhesión á Asociación Internacional Camiños da arte Rupestre Prehistórico (CARP), un dos socios de ICOMOS-España, a institución a nivel estatal que está a levar un destacado papel na coordinación do Día Internacional dos Monumentos e Sitios mediante a promoción de diferentes accións en monumentos e sitios arqueolóxicos. A temática seleccionada por ICOMOS para este ano está relacionada coas paisaxes rurais, que no caso do Parque Arqueolóxico, polo seu especificidade, atenderá á arte rupestre e a Prehistoria.

Entre as diferentes posibilidades para participar nesta acción e a temática do presente ano, o Parque decantouse por aquela que permite mostrar o elevado valor paisaxístico da área Arqueolóxica co fin de contar ao público os procesos de conformación e evolución das diferentes paisaxes rupestres ao longo da Prehistoria. Para iso configurouse un itinerario especial que axude a ofrecer ao público un novo enfoque, unha nova mirada cara aos petróglifos e a súa relación coa paisaxe.

As persoas que desexen participar nesta actividade deben realizar unha reserva previa no número de teléfono 886 151 195 ou o correo electrónico reservas@paar.es solicitando praza na visita guiada da mañá (12:30-14:00h.) ou da tarde (18:30-20:00h.). Esta visita guiada é gratuíta, só é necesario abonar o prezo da entrada ao Parque.