AXENDA DE VERÁN 2019: “OBRADOIROS, MÚSICA E PAISAXE”.

O concerto de Carlos Núñez é o evento máis destacado do verán na Capital da Arte Rupestre de Galicia onde o público familiar poderá gozar por primeira vez de obradoiros didácticos todos os días, complementados con visitas guiada especiais como ATARDECERES e NOITEPEDRAS. E tamén unha oportunidade para que os turistas coñezan a valor paisaxístico de Campo Lameiro mediante a ruta do “Sendeiro do río Maneses”e o primeiro concurso de fotografía “Enfoques rupestres”.

O PAAR convértese este verán nun obradoiro experimental para os máis novos, ofrecendo todos os días ás 11:30 horas un obradoiro adaptado a idade dos rapaces: Sementes, Caza, Pintura, Arqueólogos por un día, etc. (3€ a maiores á entrada ao PAAR). Unha actividade que se pode facer en familia coa idea de “vivir” a Prehistoria. Ademais continúan as mellores visitas guiadas que se poden realizar hoxe en día na arte rupestre ao aire libre, pola tarde ATARCEDERES (Sábados ás 19:00 h., 7€ adultos e 5€ nenos) e polo noite NOITEPEDRAS (Venres ás 22:00 h., 10€ adultos e 7€ nenos). Por último mencionaremos o primeiro concurso fotográfico “Enfoques rupestres” co obxectivo de reflexionar a través das fotos do valor estético e artístico da paisaxe rupestre, dende o 15 de xullo ata o 15 de agosto, e que conta con interesantes premios: 150€, 100€ e 50€.

O gran evento do verán será o concerto de Carlos Núñez, fusionando a música coa linguaxe dos petróglifos nunha mesma melodía. Un evento musical precedido dunha pequena charla de Carlos e Manuel Santos Estévez sobre a pegada actual do “Rock Art” na literatura e o folclore. O concerto será o vindeiro domingo 14 de xullo ás 19:00 horas. Entradas dispoñibles na plataforma ataquilla.com ou no propio PAAR por 23,60€ por entrada, aforo máximo de 200 persoas. A entrada á charla é gratuíta e comezará ás 18:30 horas.

O Concello de Campo Lameiro e o Parque queren promocionar conxuntamente o valor paisaxístico, cultural e turístico da localidade. Por este motivo o Concello de Campo Lameiro organiza en colaboración co Parque unha andaina o próximo 7 de xullo ás 10:00 h polo fermoso “Sendeiro do río Maneses”, que une dous dos espazos máis singulares do municipio: a área recreativa do río Lodeiro e o Parque. Prezo especial de 1€ para empadroados en Campo Lameiro, e 5€ para público xeral, inclúe entrada, visita guiada ao PAAR e avituallamento. Punto de saída na área recreativa do río Lodeiro e reserva de entradas no Concello de Campo Lameiro. Máis información da ruta de sendeirismo no seguinte enlace: http://pangeaingenieria.es/rutas-de-senderismo/pr-g-230-sendeiro-do-rio-maneses/ .