O PAAR SUPERA OS 10.000 USUARIOS NOS SETE PRIMEIROS MESES DO ANO

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, no concello de Campo Lameiro, quere informar ao público xeral da positiva cifra de visitantes dende xaneiro e xullo do 2019, acadando o número de 10.004 usuarios, fronte os 9.057 usuarios no mesmo período no ano anterior, que representa aproximadamente o 10 % de crecemento anual.

A cifra dos colexios é a segunda máis alta deste últimos catro anos con 4.900 visitantes, preto da marca do ano pasado de 5.242 escolares. No público xeral experimentamos unha notable subida, pasando dos 3.132 do 2018 aos 4.067 usuarios do presente ano. Destaca tamén o número de gratuidade nas entradas ao museo que supera o 10 % do total.

O mes de xullo foi posiblemente un punto de inflexión coa cifra destacada de 1.764 usuarios, en parte polo espectacular concerto de Carlos Núñez e outras iniciativas coma a “Andaina do Río Maneses e o PAAR” con moi boa acollida entre o público e os medios de comunicación, máis a sorprendente oferta de “Obradoiros arqueolóxicos” todos os días para o público familiar, e o primeiro concurso de fotografía “Enfoques Rupestres” coa idea de explorar a dimensión artística do Parque. Todas estas iniciativas e a afluencia do público axudan a presentar o Parque coma un espazo turístico e cultural de referencia para este verán.

Concerto de Carlos Núñez no PAAR (14 de xullo)

Andaina río Maneses e o PAAR (7 de xullo do 2019)-Foto do Concello de Campo Lameiro