O PAAR de Campo Lameiro no Día Europeo da Arte Rupestre Prehistórica

ESTE 9 DE OUTUBRO CELEBRAREMOS O DÍA EUROPEO DA ARTE RUPESTRE CON ACTIVIDADES GRATUÍTAS E UN CONCURSO DE DEBUXO PARA TODOS OS ESCOLARES DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

O PAAR colabora na primeira edición do Día Europeo da Arte Rupestre Prehistórica organizado polo Itinerario Cultural do Consello de Europa “Camiños da Arte Rupestre Prehistórica” convidando aos 69 escolares do CEIP Pedro Antonio Cerviño a participar no concurso europeo de debuxo “O primeiro arte dos europeos visto polos europeos do futuro”. Unha actividade gratuíta que require da realización dunha visita guiada a Área Arqueolóxica e un obradoiro “Pintura coas mans” coa idea de preparar aos rapaces e rapazas na posterior plasmación da súa percepción da arte rupestre nun debuxo nunha folla de formato DINA3. Os mellores traballos dos nenos e nenas entre 6 e 14 anos aparecerán publicados nun libro e formarán parte dunha exposición itinerante enmarcada nesta celebración.

O PAAR de Campo Lameiro é o espazo de referencia na arte rupestre en Galicia, e por esta razón intégrase nesta conmemoración xunto con outros 28 espazos e centros europeos relacionados coa arte rupestre de Portugal, Italia, Francia, Azerbaiyán, Gales (U.K.) e España. Destinos rupestres tan coñecidos como Foz Côa e Maçâo (Portugal), Qala e Gobustán (Azerbaián), Valcamónica y Pinarolo (Italia), Lascaux y Niaux (Francia), Barclodiad (Gales e Reino Unido) e Altamira, Tito Bustillo, Siega Verde, Valltorta ou o Dolmen de Soto (España). Agárdase unha repercusión internacional deste evento con preto de 15.000 persoas, tanto pola visita aos sitios e as diferentes actividades. A organización entregaralle aos asistentes unha pulseira conmemorativa do día.

Máis información do evento: https://www.europeanheritagedays.com/Home.aspx