PRESENTACIÓN DO XOGO DE PISTAS “PREHISTORIX”

O próximo 1 de febreiro inaugúrase no PAAR “PREHISTORIX. Convértete en expertx en petróglifos”, unha actividade enfocada ao público familiar e que se desenvolverá os sábados e domingos de febreiro e marzo do ano 2020. Despois do éxito de “INVERNÍA, como non morrer de frío na Prehistoria” é o momento de presentar outra experiencia arqueolóxica no derradeiro mes do inverno.

Achegarémonos ao mundo da Arte Rupestre e Prehistoria mediante a participación nun xogo de pistas que require dunha pequena preparación (visitas ao museo e taller arqueolóxico adaptado as idades dxs nenxs) como paso previo ao desenvolvemento posterior dun xogo de pistas pola Área Arqueolóxica. Aquelas familias que realicen satisfactoriamente PREHISTORIX recibirán o carné de expertx en petróglifos.

Esta actividade ten un prezo de 5 euros por persoa e require de reserva coa no correo reservas@paar.es ou no teléfono 886 151 195. Comeza ás 11:00 horas e ten un tempo estimado de duración de dúas horas e media.