O PAAR PECHOU O 2019 CON PRETO DE 16.000 VISITANTES

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), no concello de Campo Lameiro, aumentou de xeito notable a súa cifra de visitantes no 2019, acadando o número de 15.962 usuarixs, o que representa un 16,90% de crecemento con respecto aos datos do ano pasado.

Por segmentos de público, máis de cen centros escolares visitaron o equipamento cultural, cun total de 6.018 visitantes. No que atinxe ao público xeral experimentouse unha importante subida, pasando dos 4.067 do 2019 aos 6.349 usuarixs do ano 2019, o que significa un crecemento do 27%. Esta tendencia positiva acentúase no eido das actividades e programacións especiais como NOITEPEDRAS e INVERNÍA, chegando a cifra de 926 usuarixs, un 64,15% máis que o ano anterior.

Coa nova programación anual cargada de eventos novos e especiais como PREHISTORIX, ou a xornada de “Cazadores de Petróglifos” (este primeiro trimestre) o PAAR está traballando intensamente para acadar o horizonte dos 20.000 usuarixs en 2021, e seguir axudando a divulgar a relevancia da Arte Rupestre en Galicia.