Zona Grupos

O Parque de Campo Lameiro ofrece aos grupos un “pack básico” de visita á Exposición Estable, paseo pola Área Arqueolóxica e Poboado da Idade de Bronce. A esto podemos engadir unha serie de obradoiros arqueolóxicos (lume, cerámica, caza, etcétera), e outros servizos de restauración na cafetería-restaurante do Parque. Mais o noso persoal está preparado para atendelo de xeito persoalizado e proporlle unha visita “a medida” nas nosas instalacións complementada coa oferta de hostalaría da localidade e comarca.

A reserva pódese facer enviando un correo electrónico reservas@paar.es,

ou ben chamando ao teléfono 886 151 195.

Para a consideración de grupo, os visitantes deben estar agrupados nun número superior a 10 persoas.

Por favor, descargue o programa de grupos vixente para este curso:

Dossier de servizos para grupos