Cafetería – Restaurante

A cafetería está aberta durante o horario de aeprtura do Centro de Interpretación e dispón de todas as comodidades posibles para usuarios, incluyebdo unha extraordinaria terraza ao aire libre con vistas ao val de Campo Lameiro.

O resturante ofrece desde menús para escolares e o público xeral, ata sofisticados pratos preparados polo chef Jorge Caeiro dentro do programa “Noitepedras”.

Estes servizos asociados converten ao Parque nun destino ideal para congresos e reunións de traballo porque lles podemos ofrecer un paquete completo e exclusivos nunha contorna natural única; espazo de reunión, gastronomía, aloxamento e lecer. Pode solicitar máis información no seguinte correo: info@paar.es.