Horarios

TEMPADA BAIXA

  • Marzo, abril, maio, setembro, outubro:  de martes a domingo dende as 10:00 ata 18:00 horas.* A taquilla pecha 1 hora antes. Visitas guiadas os sábados e domingos ás 12:30 e 16:30 horas (Recoméndase facer reserva previa para garantir a praza da visita guiada). A visita guiada nos días laborais require da reserva previa e un grupo de máis de 10 persoas.
  • Xaneiro, febreiro, novembro e decembro: de martes a domingo dende as 10:00 ata 15:00 horas. * A taquilla pecha 1 hora antes. Visitas guiadas soamente para grupos con reserva previa.

TEMPADA ALTA

  • Xuño: de martes a domingo (10:00 á 20:00 horas). * A taquilla pecha 1 hora antes. Visitas guiadas ás 12:30 e 18:00 horas (Recoméndase facer reserva previa para garantir a praza da visita guiada).
  • Xullo e agosto: de martes a sábado (11:00 á 21:00 horas) e domingo (11:00 á 21:00 horas). * A taquilla pecha 1 hora antes. Visitas guiadas ás 12:30, 18:00 e 19:30 horas (Recoméndase facer reserva previa para garantir a praza da visita guiada).
  • Semana Santa: de martes a domingo (10:00 a 20:00 horas). * A taquilla pecha 1 hora antes. Visitas guiadas ás 12:00, 16:30 e 18:00 horas (Recoméndase facer reserva previa para garantir a praza da visita guiada).

DÍAS DE PECHE

  • O Parque Arqueolóxico pecha todos os luns, excepto cando coinciden con festividades nacionais ou autonómicas, que abrirá as súas portas.
  • O Parque Arqueolóxico permanecerá pechado os días 1 de xaneiro,  24, 25 e 31 de decembro.