Normas das instalacións

Os petróglifos localízanse na Área Arqueolóxica do Parque de Campo Lameiro. Os visitantes a este espazo arqueolóxico aceptan as seguintes normas para o uso das instalacións:

  • Os petróglifos posúen protección legal específica (Bens de Interese Cultural). Calquera agresión neles será sancionada pola administración, sendo especialmente daniño pisar a superficie dos paneis, ou remarcar os sucos dos gravados.

  • Ulitizar os camiños habilitados e sinalizados pola organización, xa que son os que se atopan no mellor estado.

  • Respectar a vexetación presente nas 22 hectáreas do Parque de Campo Lameiro.

  • Prohibición de depositar lixo ou calquera outro tipo de obxectos dentro do recinto.

O Centro de Interpretación é un espazo que require dun ambiente de tranquilidade e sosego para unha visita de calidade. Por este motivo pedímoslles que acepten a seguinte normativa:

  • Espazo sen cámaras de fotos, videocámaras, tabletas ou teléfonos intelixentes..

  • Depositen os bultos grandes nas taquillas habilitadas (mochilas, paraugas, bolsos, cámaras, etcétera,…)

  • Utilizar os lugares habilitados para a comida e a bebida: cafetería, restaurante e a zona exterior das mesas.

  • Non está permitida a entrada a aniamis, excepto os cans guía dos invidentes.