Actividades especiais

TALLERES FAMILIARES “INVERNÍA” (Reserva previa)

Data: Sábados e domingos de novembro a febreiro           Público destinatario: Familiar            

Duración: 3 horas             Prezo: 5€/persoa + Entrada reducida ao PAAR (2,7€, menores de 6 anos de balde)

Descrición: Trátase dunha actividade dirixida a público familiar na que se aprende a facer lume como na Prehistoria, ademais de outro taller de traballo no interior que será distinto cada semana.

11:00 Taller de interior (Graffiti prehistórico, cerámica rupestre, tecidos do pasado…).

11:50 Visita guiada ao interior do Centro de Interpretación.

12:10 Exhibición de lume.

12:20 Taller de lume.

13:00 Finalización

O prezo de INVERNÍA é de 5€/persoa + entrada ao PAAR (2,7€ reducida ou gratuíta para menores de 6 anos). É necesario reservar praza.

Reservas: 886 15 11 95/reservas@paar.es