Visitas Teatralizadas

“O RETORNO” DOS QUINQUILLÁNS. VISITAS TEATRALIZADAS

Datas: 25 xullo e 5-15-19-26 agosto/19:30 h.     Duración: 1 hora e 30 minutos
Público destinatario: Xeral e familiar              Prezo: Actividade gratuíta coa entrada ao Parque

Descrición: As compañías de teatro os Quinquilláns e Volta e Dálle teatro ofrecen unha maneira diferente de aproximarse aos petróglifos a través dun percorrido que combina o rigor na transmisión de información científica co humor, de xeito que a visita resulte entretida e atractiva para o público xeral.
D. Néstor (Pepe Penabade), grandioso estudoso dos petróglifos e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra volve a Campo Lameiro despois de case oitenta anos morto. Asombrado polos cambios, o defunto investigador decide botar man de Lamia (Tero Rodríguez) e Caxigo (Lucho Penabade), habitantes da Idade do Bronce e personaxes principais de todos os seus escritos, para entender e compartir con todos os visitantes do Parque.

Información: 886 15 11 95/info@paar.es