“NOITEPEDRAS”

NOITEPEDRAS 2017: “CAZADORES E GUERREIROS NA IDADE DO BRONCE”. VISITAS NOCTURNAS

 

Data: 2 e 9 de setembro/21:00 h.  Tempada baixa opción grupos organizados +20 persoas

Duración: 2 horas

Público destinatario: Xeral e familiar                                       

Prezo: 10 € (Reserva previa)

Descrición: Nunha contorna única, cando o sol do verán cae, e as luces nocturnas alumean, xurde NOITEPEDRAS, unha experiencia cultural do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro que vai pola súa terceira edición. Este ano empregaremos un novo e sofisticado sistema de iluminación de lámpadas de tecnoloxía LED nos principais petróglifos da Área Arqueolóxica do Parque, é un novo itinerario e temática: “Cazadores e guerreiros na Idade do Bronce”.
Comezaremos visitando a nova exposición temporal, “Na procura do pasado”, para comprender a representación plástica dos guerreiros na Idade de Ferro, para posteriormente observar a reprodución dun cazador na Idade de Bronce que temos na exposición permanente. Despois continuaremos o noso camiño pola Área Arqueolóxica visitando aqueles petróglifos relacionados coa representación dos cazadores, animais e armas.

Reservas: 886 15 11 95/reservas@paar.es 

Vídeo: Noitepedras “Cazadores e guerreiros 2017”