O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.
campo lameiro 2011
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia Oficina de Rexistro Único e Información | Aviso legal | Atendémolo.