Patricia Mañana e Guimil Curso Técnicas de Registro y Documentación
Patricia Mañana e Guimil Curso de Técnicas de Rexistro e Interpretación

COMEZO DO CURSO “ TÉCNICAS DE REXISTRO E INTERPRETACIÓN DA ARTE RUPESTRE”

Este venres asistiremos a unha nova actividade formativa organizada polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, adicada nesta ocasión á explicación por parte de especialistas en Arte Rupestre das diferentes técnicas empregadas para o rexistro e documentación dos petróglifos. Un curso que conta coa colaboración e apoio científico de diferentes entidades universitarias galegas e portuguesas: FCT-Lab2PT (Universidade do Minho), Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) o Grupo de Prehistoria e Estudos do Noroeste (GEPN-USC).

A presentación do curso contará coa intervención do Delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena Puentes. A continuación abrirá a serie de relatorios Ramón Fábregas e Carlos Rellán co “O estudo dos petróglifos, máis dun século de investigación”.

Entre as 50 persoas inscritas atopamos unha notable diversidade na formación profesional (historiadores, arqueólogos, restauradores, historiadores do arte); procedentes principalmente de Galicia, pero coa chegada de alumnos doutras autonomías coma Madrid e Valencia.

  Patricia Mañana e Guimil2 Patricia Mañana e Guimil

Curso Técnicas de Documentación y Registro del Arte Rupestre
Curso Técnicas de Documentación y Registro del Arte Rupestre
Curso Técnicas de Documentación y Registro del Arte Rupestre

CURSO FORMATIVO: “TÉCNICAS DE REXISTRO E INTERPRETACIÓN DA ARTE RUPESTRE”

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro é un centro de referencia a nivel europeo para gozar dunha oferta educativa, cultural e lúdica baseada nos petróglifos.

Atendendo á necesidade formativa, o Parque Arqueolóxico organiza o I curso de Técnicas de rexistro e interpretación da Arte Rupestre, no que se combinan a formación teórica e práctica. Este curso está dirixido por destacados investigadores que están a desenvolver na actualidade diferentes iniciativas sobre os petróglifos de Galicia.

Este curso está destinado aos profesionais e estudantes dos distintos ámbitos do Patrimonio Cultural, así como aos diversos amantes e interesados no patrimonio rupestre galego.

Ten unha duración de 17 horas lectivas, que pretende proporcionar unha visión teórica e práctica sobre a evolución a evolución dos sistemas de documentación dos petróglifos ao longo do tempo, desde os máis tradicionais ata os máis actuais (tecnoloxìas 3D a través da fotogrametría e escaneado láser).

A formación inclúe unha panorámica sobre algúns dos temas de discusión na actualidade. Ó final do curso expedirase un diploma acreditativo da participación no mesmo recoñecendo o número total de horas cursadas.

Máis información do curso

cartel curso

 

Visita de arqueólgos de prestigio internacional
Visita de arqueólgos de prestigio internacional
Visita de arqueólgos de prestigio internacional

ARQUEÓLOGOS DE PRESTIXIO INTERNACIONAL COÑECEN O PAAR

O recentemente nomeado presidente da Asociación Europea de Arqueólogos, Felipe Criado, visitou este sábado as instalacións do PAAR acompañado por dúas ilustres figuras na arqueoloxía europea, Kristian Kristiansen, profesor danés da universidade de Gotemburgo (Suecia) considerado un experto na Arte Rupestre Escandinava e Chris Gosden, da Universidade de Oxford, quen lidera varios proxectos internacionais relacionados coa Arte Celta en Europa.

A presenza de Kristian Kristiansen tiña un valor especial porque desexaba coñecer como se desenvolveu o proxecto de posta en valor do Parque Arqueológico de Campo Lameiro. Kristian encomiou o compoñente visual e didáctico do CIDAR (Centro de Interpretación da Arte Rupestre) e recordou que visitara este espazo arqueológico fai 12 anos, antes do inicio das obras.

notaprensaarqueólogos notaprensarqueologosilustres2 notaprensarqueologosilustres3

Arqueoastronomia documental TVE
Arqueoastronomia documental TVE
Arqueoastronomia documental TVE

TELEVISIÓN ESPAÑOLA VISITA O PAAR

O pasado sábado 19 de decembro o Parque Arqueolóxico recibiu a visita do equipo de El Túnel del Tiempo, unha serie de documentais centrados en temática histórica para o prestixioso programa de Televisión Española “La Aventura del Saber”.

Esta é a segunda visita deste programa, desta vez buscando estudar con máis profundidade a relación de distintos xacementos coa astronomía a través do caso dalgúns dos petróglifos máis significativos da área de Campo Lameiro en xeral, e o Parque Arqueolóxico en concreto.

As filmacións centráronse no momento do amencer do solsticio de inverno en puntos senlleiros como Laxe dos Carballos ou o Dolmen de Dombate.

Acompañando ó equipo de televisión estiveron os investigadores Manuel Santos Estévez, da Universidade do Minho e especialista en arte rupestre, e César González, arqueoastrónomo vencellado ó CSIC.

 

Arqueastronomia 1 Arqueoastronomia3 Arqueoastronomia2

 

 

Beatriz Gómez en CULTURGAL
Beatriz Gómez en CULTURGAL (2)
Beatriz Gómez no CULTURGAL
Beatriz Gómez en CULTURGAL
O PAAR NO CULTURGAL 2015
O PAAR NO CULTURGAL 2015 II
ARTE RUPESTRE CHEGA AO CULTURGAL
tecer-primaria
_DSC5543
Obradoiros familiares pintura
Obradoiros familiares
IMG_0389

A ARTE RUPESTRE CHEGA AO CULTURGAL

Presentación da innovadora proposta didáctica do PAAR para o 2016

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (PAAR) presentou onte a súa renovada oferta didáctica para o ano 2016 dentro da Feira de Industrias Culturais CULTURGAL do presente ano. Beatriz Gómez encargouse de presentar en media hora as principais novidades para aqueles centros escolares que decidan visitar o PAAR: novos talleres arqueolóxicos (“Sons na Prehistoria”, “Tecer na Idade do Bronce”, “Unir, producir e perforar” e o “Circuíto da Idade do Bronce”), visitas guiadas en inglés, menús escolares nutricionalmente equilibrados con información de alérgenos e descontos dispoñibles para aqueles centros que volvan visitarnos.

A presenza do PAAR por primeira vez nesta edición do CULTURGAL, dentro do “Espazo Foro”, debeuse á invitación cursada por parte da Deputación de Pontevedra ao Concello de Campo Lameiro para difundir os proxectos culturais máis representativos da provincia. Unha iniciativa moi positiva para o establecemento de redes de colaboración entre os diferentes axentes culturais do sector.

O PAAR NO CULTURGAL 2015O PAAR NO CULTURGAL 2015 II

Pequena exposición dos servizos do PAAR
Foto de familia dos socios de Mar de Compostela que se achegaron ao PAAR

OS HOSTALEIROS DE MAR DE COMPOSTELA VISITAN O PAAR

O PAAR pecha o 2015 con 35 establecementos hostaleiros adheridos ao “Programa Anfitrións”

O pasado xoves 26 de novembro, o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro recibiu a visita da asociación de casas de turismo rural “Mar de Compostela”, formada por máis de 13 establecementos dos concellos da Estrada, Cerdedo e Forcarei. Nesta primeira reunión enmarcada dentro do “Programa Anfitrións” asistiron os seguintes socios da asociación: Casa Florinda (Pedre, Cerdedo), Torres de Morera (Callobre, A Estrada), Casa Botica (Loimil, A Estrada), Casa Val Fresco (Curantes, A Estrada), Casa A Mimoseira (Nigoi, A Estrada), Casa do Avó (Codeseda, Estrada), Casa Palomar (Codesda, A Estrada), Casa do Lagoeiro (Vilar, A Estrada).

O PAAR pecha o ano 2015 cunha lista de 35 aloxamentos da provincia de Pontevedra incluídos dentro do “Programa Anfitrións”, grazas á última incorporación dos empresarios hostaleiros de “Mar de Compostela”. Os clientes destes establecementos gozarán de descontos nas entradas do PAAR, ademais doutra serie de servizos centrados en actividades e paquetes turísticos vinculados coa Arte Rupestre.

 

Pequena exposición dos servizos do PAAR Foto de familia dos socios de Mar de Compostela que se achegaron ao PAAR

O PARQUE ARQUEOLÓXICO CADA DÍA MÁIS INTERNACIONAL.

Atendendo á estratexia de incrementar a súa visibilización e proxección internacional, o Parque Arqueolóxico dá Arte Rupestre de Campo Lameiro reforza a súa presenza no mercado anglosaxón e francófono coa visita do prestixioso fotógrafo Tom Langlands e coa súa incorporación á guía Routes Culturelles D´Espagne elaborada por Petit Futé, a famosa editora francesa especializada en guías turísticas.

O fotógrafo Tom Langlands coñeceu o Parque Arqueolóxico no contexto dunha iniciativa liderada por Turismo Rías Baixas orientada ao coñecemento e promoción dalgúns dos principais destinos de turismo arqueolóxico da provincia de Pontevedra. O resultado do seu traballo, aínda en proceso de elaboración, podémolo atopar na páxina web do artista.

A inclusión do Parque Arqueolóxico da arte Rupestre xunto a outros dos principais destinos rupestres españois na guía Routes Culturelles D’Espagne forma parte dunha acción promovida desde a Asociación Internacional Camiños de Arte Rupestre Prehistórico en colaboración con outros itinerarios culturais europeos. A guía foi presentada o pasado mes de setembro na Feira Top Resa de París e os primeiros 50.000 exemplares xa están dispoñibles en países como Francia, Luxemburgo, Suíza, Bélxica e Canadá. A presenza no mercado francófono é especialmente importante si temos en conta que, nestes momentos, os visitantes procedentes de Francia son os que alcanzan un maior número entre os turistas estranxeiros que se achegan ás nosas instalacións.

Na Asociación Internacional Camiños de Arte Rupestre Prehistórico xa estamos a traballar para estender esta iniciativa cara ao mercado profesional británico, conxuntamente coa Vía da Prata e Camiños de Paixón.

Exemplar de Petit Futé.
Foto de Tom Langland no PAAR.

PETRÓGLIFOS A RITMO DE FLASH.

Primeira experiencia de fotografía nocturna aberta ao público no Parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR).

César Abella no centro, e Luis Leclere e Fran Ameixeiras nos extremos.

A noite do 12 de setembro asistiremos a un feito de especial relevancia no PAAR. Por primeira vez celebrarase un curso de fotografía nocturna na área Arqueolóxica do Parque, e cunha peculiaridade importante, o emprego de flash para capturar a imaxe. Esta técnica fotográfica aplicada aos petróglifos consegue detectar con mellor claridade os sucos na rocha, permitindo identificar con maior nitidez os motivos e localizar novos petróglifos.

O Departamento de Formación do PAAR decidiu abrir esta experiencia singular ao público mediante o formato dun curso de “Iniciación á fotografía nocturna de petróglifos”, impartido por dous dos máximos expertos na materia: Fran Ameixeiras e Luís Leclere. Desta maneira, aquelas persoas interesadas e cuns coñecementos básicos de fotografía poden apuntarse a esta actividade formativa para ver na noite o que non se pode observar durante o día.

As reservas tramitaranse por rigorosa orde de entrada no seguinte correo electrónico e teléfono fixo: reservas@paar.es / 986 696 066. A data límite para a inscrición no curso é o 8 de setembro.

Descarga o programa:

OFERTA DE CURSOS PARA O MES DE SETEMBRO.

“Fotografía nocturna de petróglifos” e “O traballo da madeira na Prehistoria”

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro ten o pracer de presentar a súa renovada oferta de cursos de formación que pretenden cumprir dous obxectivos: axudar á formación dos arqueólogos galegos e realizar actividades destinadas para o público xeral.

O primeiro curso titulado “Taller de Iniciación á Fotografía de Petróglifos” está programado para a noite do 12 de setembro e ten aberta a inscrición para calquera persoa interesada no tema, sendo especialmente recomendable para aqueles amantes da fotografía. Entre o profesorado contamos con dous expertos en fotografías diúrnas e nocturnas de petróglifos: Fran Ameixeiras e Luís Leclere do colectivo A Rula. Ambos se encargarán de explicar dunha forma amena e didáctica a metodoloxía empregada para conseguir eses resultados tan espectaculares que nesta ocasión teñen o privilexio de dispor como materia prima dous dos mellores petróglifos de Galicia, situados no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro: Laxe dos Carballos e Outeiro dos Cogoludos. O prezo deste curso é de 49 euros por persoa.

O outro curso en cuestión abre unha nova liña formativa do Parque baseada en traer aos mellores arqueólogos internacionais para ofrecer cursos especializados baixo o formato de Workshop, concibido principalmente para arqueólogos profesionais. Por esta razón denominamos este curso como a I edición do Workshop PAAR: “O traballo da madeira na Prehistoria”. Un evento programado para o 25-26 de setembro baixo a dirección do prestixioso arqueólogo Juan Antonio Marín de Espinosa, da empresa Sílex Arqueología y Difusión del Patrimonio S.L. . O prezo deste curso é de 199 euros por persoa.

As persoas interesadas nestes cursos teñen máis información na nosa web: www.paar.es. Esperamos que as prazas se esgoten en poucos días pola alta calidade dos relatores, os prezos económicos e as poucas prazas dispoñibles. Con todo, a data límite de reserva é o 8 de setembro, e pódese realizar por vía telefónica, 986 696 066, ou por correo electrónico, reservas@paar.es .

Descarga os programas:

PROGRAMA COLABORA, ÚLTIMA NOVIDADE DO PAAR DE CAMPO LAMEIRO.

Frutos Secos El Nogal convértese no primeiro patrocinador do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro co seu apoio para o deseño e posta en marcha de Noitepedras “Classics”.

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro presentou o acordo de colaboración acadado coa empresa Frutos Secos El Nogal para o patrocinio do renovado formato de lecer nocturno dos sábados do mes de agosto: Noitepedras “Classics”. Desta maneira, o parque acentúa a súa oferta de produtos culturais para o mes estival por excelencia, que ademais resulta o máis propicio para contemplar os petróglifos baixo a luz das estrelas. Mais alá da visita guiada nocturna, este programa ofrece a posibilidade de escoitar un concerto de música clásica da man do virtuoso violínista armenio Kamo Petrosian, mentres se degusta un saboroso asado prehistórico.

Este acordo de colaboración entre ambas as entidades quedou plasmado no día de onte, o 28 de xullo, coa entrega dun diploma de agradecemento por parte do noso xerente, César Abella, á directora xeral de Frutos Secos el Nogal, María Quintas. Este acontecemento inaugura simbólicamente o noso programa COLABORA, baseado na sinerxía do Parque con empresas privadas e outros organismos, co fin de fomentar a participación destas entidades no deseño da programación anual e de eventos especiais.