Estás listo para explorar a Prehistoria? De marzo a xuño, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) transfórmase nun gran escenario de aventura. Temos preparada para ti unha axenda cargada de misterio baixo as estrelas, visitas especiais e experiencias creativas onde as túas mans serán as protagonistas.
Semana Santa (28 marzo – 5 abril)
Aproveita as vacacións co noso horario especial de 10h a 20h. Nove días sen descanso para descubrir o maior centro arqueolóxico de Galicia!
-
O Xoieiro da Prehistoria (11:00h): Deseña o teu propio xoieiro con resina e fíos metálicos baseándote en pezas reais dos nosos antepasados.
-
Xincana “Ovos de Pascua” (17:00h): Un reto polas estacións de petróglifos que remata coa clásica busca de ovos. ¡Divertido e diferente! (Días 2, 3, 4 e 5 de abril).
-
Rincóns do PAAR (Venres 3, 17:30h): Unha visita exclusiva por estacións que non se ven nos percorridos habituais. Só para curiosos.
-
Noite de Cervos (Venres 3, 21:00h): “Cando os cervos perden a coroa”. Unha visita nocturna máxica para descubrir o ciclo do desmoche e a súa presenza nos petróglifos.
Experiencias na prehistoria
Todos os sábados e domingos ás 11:00h, temos unha cita coa historia. Cal é o teu plan?
Abril: Barro e Fíos
-
Sábados: “Coas mans ao barro”. Fabrica a túa propia cerámica campaniforme e lévaa para a casa.
-
Domingos: “Fiando o pasado”. Descubre como vestían na Prehistoria e experimenta cun tear e agulla de madeira.
Maio: Símbolos e Caza
-
Sábados: “Leva o teu petro!”. Aprende a diferenciar os símbolos das pedras e crea o teu propio petróglifo en pasta de secado.
-
Domingos: “Imos de caza!”. Pon a proba a túa puntería co propulsor e a azagaia. Dás na diana?
Xuño: Cores e Tesouros
-
Sábados: “Primeiras cores”. Fabrica os teus pigmentos con minerais e descubre como se facían os primeiros “graffitis” da historia.
-
Domingos: “Cantas xoias?”. Inspírate nos grandes tesouros dos museos para deseñar as túas xoias en metal.
🕵️♂️ Misterio e aventura
Se prefires ir ao teu aire, non te perdas as nosas experiencias permanentes (fins de semana):
-
O Tesouro da Moura: O noso Escape Room interior. Serás capaz de resolver todos os enigmas?
-
Petroaventura: Un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. Convértete en protector/a dos petróglifos!
🌙 Noites no PAAR
Apunta estas datas na túa axenda para vivir o parque baixo a luz da lúa e as lanternas:
- 3 de abril: Cando os cervos perden a coroa.
-
16 de maio: Noite de lendas (Especial Letras Galegas).
-
20 de xuño: Noite do Solsticio de Verán.
🎟️ ¡Non quedes sen a túa praza!
As visitas guiadas regulares mantéñense todos os días ás 12:30h e 17:30h. Todas as nosas actividades teñen prazas limitadas.
Reserva aquí a túa experiencia
































