CONCURSO EMOCIÓNS RUPESTRES

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organiza o concurso EMOCIÓNS RUPESTRES. O obxectivo deste concurso é a promoción e difusión artística da arte rupestre entre os usuarios das redes sociais Facebook, Instagram, Twitter e o público xeral.

 

BASES DO CONCURSO

NORMAS
1. Poderán participar no presente concurso calquera persoa física que durante o período de validez da presente campaña participe na acción segundo se propón nos termos descritos nestas bases.
2. A participación no concurso é gratuíta e non require inscrición.
3. O período de recepción da fotografía, poema, vídeo, historia ou debuxo vai dende o día 23 de abril do 2019 ata que rematen os agasallos¡¡
4. Aquelas persoas que non realicen tódolos pasos obrigatorios ou o fagan de forma errónea, a criterio da organización, non poderán optar ao premio na presente convocatoria.
5. As persoas participantes poderán enviar tantas fotos como desexen, aínda que non se terá en conta a cantidade das mesmas, senón a calidade de cada una delas, de forma individual.
6. Cada semana @s guías do Parque escollerán o mellor traballo que atopemos nas redes sociais ou por e-mail: Instagram: @paarcampolameiro;Twitter: @ParqueA;Facebook:@parquearqueoloxico.arterupestre;E-mail: info@paar.es. No caso de publicar os traballos polas redes sociais é neceario empregar os hashtags #aculturasegue #emocionsrupestres.
7. A organización do concurso resérvase o dereito de anular o presente concurso, suspendelo, ou ben cambiar algunhas das súas condicións se por causas técnicas ou de calquera outra natureza allea á súa vontade non puidera cumprir co normal desenvolvemento do mesmo, segundo o establecido nas presentes bases.
8. As persoas concursantes ceden os dereitos de imaxe das súas creacións dixitais para que a empresa concesionaria poida usalas para promover, por calquera medio de comunicación, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
9. A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases e das posibles decisións que adopte a organización.

PREMIOS
10. Os premios son produtos da tenda do PAAR (Por exemplo, libros e camisetas).
11. A organización porase en contacto coas persoas gañadoras para enviar o correspondente premio.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
12. As persoas participantes aceptan, mediante a súa participación no concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados en Facebook, Twitter e Instagram poidan ser compartidos co resto de usuarios de Facebook e doutras redes sociais.
13. Non é necesario rexistro previo en ningunha aplicación, nin a organización vai recoller dato ningún de inscrición posto que a participación é pública e gratuíta. Excepto no caso dos gañadores; que, para a entrega dos premios, se recollerán os seus datos persoais.

RESPONSABILIDADES
14. A organización resérvase o dereito de denunciar e pedir a eliminación da fotografía, poema, vídeo, historia ou debuxo se vulnera dereitos intelectuais, persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
15. A organización resérvase o dereito de denunciar e pedir a eliminación de calquera comentario, se algún deles vulnera dereitos persoais, resulta ofensivo ou discriminatorio.
16. A organización resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.
17. A organización resérvase o dereito de rexeitar ou excluír da participación do concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e os seus termos de participación ou contraveña as normas ou finalidade do concurso.
18. A organización non se responsabiliza das posibles perdas de datos por problemas e/ou mal funcionamento das redes sociais ou da Internet. Ademais a organización exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puideran deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios/as, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación de personalidade dun/unha terceiro/a efectuada por un/unha usuario/a en calquera clase de comunicación realizada a través do portal.
19. Igualmente, a organización exclúe toda responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que puidera deberse ao uso indebido, manipulación ou mutilación que os usuarios/as ou terceiros/as non autorizados/as puideran realizar ao respecto do contido xeral da presente páxina, así como da vulneración dos dereitos da propiedade intelectual que puidera producirse.

En Campo Lameiro, 23 de abril de 2020. Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.