SETEMBRO A MODIÑO NO PAAR

 

Chega o mes de setembro ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro con novas actividades, Xincana e o Roteiro Ornitolóxico, e a ampliación do número de días das visitas guiadas: de martes a domingo (12:30 e 17:30 horas). Lembramos que durante este mes o horario de apertura é de 10:00 ás 19:00 horas.

Continuamos con máis actividades familiares divertidas e seguras. Neste caso propoñemos unha “Xincana familiar” percorrendo todo o Parque na busca de respostas a unha serie de preguntas facilitadas pol@ monitor@. O prezo de esta actividade é de 3 euros por familia con dous horarios diferentes a escoller de martes a domingo (12:00 e 17:00 horas).

A seguinte actividade é outro paso máis no coñecemento da flora e fauna do Parque. Teremos a ocasión de participar nun “Roteiro Ornitolóxico” da man dos expert@s de SEO Birdlife-Grupo local de Pontevedra onde coñeceremos o paxaros da Área Arqueolóxica. O prezo é de 10 euros adultos e 8 euros os nen@s, e a data o 19 de setembro ás 10:30 horas.

A programación do 2020 foi deseñada loxicamente para cumprir as medidas de seguridade necesarias pola irrupción do Covid-19, incidindo no distanciamento social, control de aforo e medidas hixiénico-sanitarias. Por esta razón é obrigada a reserva previa de praza en todas estas actividades no teléfono 886 151 195 ou no correo reservas@paar.es.