SEMANA SANTA 2021

Este ano no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro preparamos unha Semana Santa con moito sentidiño. Podedes visitar o Parque pola nosa conta, aproveitando o noso horario ininterrompido de 10:00 á 20:00 horas e gozar das mesas para o pícnic. No caso do público familiar, temos dúas activades especiais: Obradoiros familiares ás 11:00 horas e Petroquiz ás 17:00 horas (Visita guiada-concurso de preguntas). Ou se queremos que algún expert@ vos explique máis sobre os petróglifos, temos dúas visita guiadas cada día, ás 12:30 e 18:30 horas .

A programación das actividades foi deseñada loxicamente para cumprir as medidas de seguridade necesarias pola irrupción do Covid-19, incidindo no distanciamento social, control de aforo e medidas hixiénico-sanitarias. Por esta razón é obrigada a reserva previa de praza en todas estas actividades no teléfono 886 151 195 ou no correo reservas@paar.es .