POSTING THE LÉREZ

Co gallo da celebración, o vindeiro 18 de abril de 2021 do Día Internacional de Monumentos e Sitios, convidamos ao alumnado de 4º de Primaria dos colexios situados nas beiras do río Lérez a participar nun concurso de postais. Estas postais deberán actuar como unha ventá, a través da cal ensinarán o patrimonio, tanto natural como cultural, que para eles e elas é máis importante do seu concello. Participará todo o alumnado de dito curso, sendo escollidas as tres postais consideradas mellores polo centro educativo. As cales serán as enviadas á fase de concurso. Entre todas as postais enviadas dende o Parque Arqueolóxico escollerase á premiada.

O premio consistirá nun vale de 30€ para trocar nunha libraría da súa contorna, ademais da entrada gratuíta ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro para a persoa gañadora e tres acompañantes. Tódalas postais participantes formarán parte dunha exposición virtual que será inaugurada o día 18 de abril, cuxo enlace de acceso será enviado aos centros educativos, co fin de que sexa reenviado ás familias.

– Os centros educativos participantes serán os situados nos seguintes concellos: Forcarei, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Pontevedra.
– Poderán participar os estudantes de 4º curso de Educación Primaria, pertences a colexios públicos, privados ou concertados.
– O formato a empregar será dado dende o Parque Arqueolóxico. Na parte dianteira da postal irá a ilustración e na traseira un texto vencellado coa mesma, xunto ao nome e apelidos do alumno/a e o seu colexio.
– A técnica será libre.
O prazo máximo de entrega das postais é o 12 de abril de 2021. Os envíos poderán facerse de xeito presencial no Parque Arqueolóxico ou ben mediante correo electrónico no seguinte enderezo: parquearqueoloxico@gmail.com
– O xurado procederá a facer pública a súa decisión o venres 16 de abril de 2021.