ClicKultural.

 

O Parque Arqueolóxico da arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organiza este ano 2021, dentro da súa oferta formativa, a xornada CLICKULTURAL, centrada na divulgación do patrimonio galego en Internet e que se celebrará de forma presencial o vindeiro sábado 8 de maio. O obxectivo principal desta actividade consiste en aprender “boas prácticas” na comunicación e divulgación da cultura galega presente na rede.

Agradecemos a colaboración e a implicación dos diferentes relatores de CLICKULTURAL: Xurxo Salgado (Director de Historia de Galicia), Ana Estévez (Museo do Pobo Galego), Carme Varela (Asociación O Sorriso de Daniel), Manuel Gago (Capítulo 0), Eva Abal (Asociación GaliciaTB) e Carlos Fernández (Asociación Apatrigal).

Agardamos contar coa vosa asistencia previa inscrición no formulario da nosa páxina web: www.paar.es . O custo é de 15 euros por persoa e a asistencia estará certificada por 8 horas. Por último, desde o PAAR queremos lembrar o noso esforzo continuo de cumprir todas as normas sanitarias para garantir a seguridade dos nosos usuarios.

 

Formulario de inscrición