ESCAPE ROOM

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro presenta “O segredo oculto do labirinto”, un Escape Room onde o entretemento e o suspense están asegurados.

Sinopse: Benvidos e benvidas ao laboratorio do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. O noso grupo de investigación desapareceu misteriosamente e agora necesitamos desvelar que aconteceu! Ti e o teu equipo dispoñeredes de 60 minutos para descubrir o enigma antes de que chegue a policía!

Aceptades o desafío?

Prezo: 10 euros/persoa (con entrada ao PAAR incluída).
Grupos de 2 a 5 persoas (a partir de 14 anos).
Duración: 60 minutos.
Dificultade: Media.

É necesaria reserva previa no 886151195 ou en reservas@paar.es

Información adicional: “O segredo oculto do labirinto” é un Escape Room que se desenvolve nunha única sala no interior do museo. Os enigmas son os mesmos que nun xogo de escapismo, tendo que aplicar a lóxica, a observación e a perspicacia. É unha actividade multixogador baixo a supervisión dun monitor (“game master”), que seguirá dende fóra a partida a través de walkie-talkies para dar pistas e consellos.