Visitas especiais no Día da Muller

“O home vai cazar e a muller cociña e coida dos nenos…” Sóache de algo? Será certo que os estereotipos de xénero veñen desde a prehistoria?
O sábado 8 e domingo 9 de marzo teremos unhas visitas guiadas especiais no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre para romper os esquemas.

Celebremos o Día Internacional da Muller cunha visita guiada que te levará a descubrir o papel feminino no fascinante mundo da arte rupestre. Xuntas exploraremos as pegadas das nosas ancestras, desde o Paleolítico ata a Idade de Bronce, analizando os símbolos e gravados do Parque Arqueolóxico que revelan a súa profunda conexión coa natureza e a espiritualidade. Un percorrido crítico pola exposición do Centro de Interpretación permitiranos reflexionar sobre a visión da muller na Idade de Bronce.

Que está incluído

  • Visita ao Parque Arqueolóxico con guía especializado.
  • En galego e en español.
  • Acceso gratuíto ao recinto e centro de interpretación durante todo o día.
  • Grupo máximo de 25 persoas.