Esta primavera desata o teu espírito prehistórico!

Aventura e misterio agardan esta primavera no PAAR! Mergúllate na prehistoria con obradoiros creativos e interactivos ata emocionantes xogos de orientación e un misterioso escape room.  Toda a programación do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro desenvolverase ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño durante as fins de semana.

Primavera PAAR 2025

  • Obradoiros Creativos:
    • Comezaremos en marzo con “Primeiras Artistas“, onde descubriremos como se elaboraban as pinturas na prehistoria e crearemos o noso propio mural.
    • En abril, en “Adornos con Historia“, deseñaremos xoias inspiradas nas pezas prehistóricas.
    • Maio será o mes de “Amuletos Máxicos“, onde aprenderemos sobre obxectos de prestixio e fabricaremos o noso propio amuleto.
    • E para os máis aventureiros, en xuño teremos “Imos de Caza“, onde dominaremos o arco e a azagaia.
  • Aventura e Misterio:
    • Volve o noso exitoso escape room familiar, “O Tesouro da Moura“, un xogo de pistas que porá a proba a túa habilidade para resolver enigmas no interior do centro de interpretación.
    • “Petroaventura”, a gran novidade desta primavera, un xogo de orientación ao aire libre que te levará a percorrer os sendeiros do Parque Arqueolóxico mentres descobres os misterios que agochan as pedras de Campo Lameiro.
  • Noites Máxicas no PAAR:
    • As noites tamén terán o seu encanto coas nosas visitas guiadas nocturnas:
      • O 22 de marzo, “Cando os cervos perden a coroa“, onde exploraremos a presenza dos cervos nos petróglifos.
      • Noitepedras de lendas” o 18 e 19 de abril, e o 17 de maio, un percorrido arredor da tradición oral das rochas.
      • Solsticio en pedra” o 21 de xuño, para celebrar a noite máis especial do ano.
  • Eventos Especiais:
    • O 8 e 9 de marzo, celebraremos “A muller na arte rupestre“, cunha visita guiada especial.
    • Ovos de pascua” os días 17,18 e 19 de abril, unha búsqueda especial o aire libre polo Parque Arqueolóxico.
    • Aí ven o maio!” o 1 de maio, celebraremos o día cunha visita guiada e un obradoiro de land art para os máis pequenos.
  • Visitas Guiadas Diarias:
    • Como sempre, ofreceremos visitas guiadas diarias ás 12:30h e 17:30h para que non te perdas ningún detalle.

Reserva a túa Aventura!

Reserva agora

Non perdas a oportunidade de vivir unha primavera chea de emoción e descubrimentos no PAAR!