Volve ao PAAR este outono!

 

Tras un pequeno descanso regresamos cunha nova oferta de experiencias únicas para desfrutar da Prehistoria. 

Experiencias na Prehistoria

Mergúllate no pasado connosco!

Os sábados de novembro “cerámica na prehistoria

  • Preguntácheste algunha vez como se creaban os vasos cerámicos da prehistoria? Neste obradoiro poderás fabricar e deseñar a túa propia peza dende cero!

Os domingos de novembro, en “A metade silenciada

  • Reflexiona sobre as representacións das mulleres na Prehistoria e na arqueoloxía

Os sábados de decembro “Cantas Xoias!

  • Deseña e crea as túas xoias metálicas inspiradas nas fascinantes pezas prehistóricas.

Os domingos de decembro  “Estampas do pasado“ 

  • Agora que se achega o nadal podes fabricar a túa propia postal con selos que poderás deseñar inspirados nos petróglifos e pequenos ídolos prehistóricos. 

Reserva Agora

 

 

Aventura e misterio

Xogo de aventuras dentro do CIDAR, “O Tesouro da Moura“, un xogo de pistas que porá a proba a túa habilidade para resolver enigmas no interior do centro de interpretación.

Petroaventura” un xogo de orientación ao aire libre que te levará a percorrer os sendeiros do Parque Arqueolóxico mentres descobres os misterios que agochan as pedras de Campo Lameiro.

Reserva Agora

 

Noites no PAAR

As noites tamén terán o seu encanto coas nosas visitas guiadas nocturnas:

Pesadelo antes de nadal” o 6 de decembro, as historias máis arrepiantes de Galicia nos guiarán polos sendeiros do PAAR entre petróglifos. Anímaste a espertar aos espíritos?

Solsticio de inverno” o 20 de decembro, coa enerxía do día máis corto do ano axexando, poderás recorrer o PAAR da maneira máis especial, de noite! como mellor se ven estes gravados, e como broche final poderás ver como se prendia o lume na Prehistoria. 

Reserva Agora

 

 

 

Eventos Especiais

O 31 de outubro e o 1 de novembro, celebraremos “Samaín no PAAR“, onde se realizará un obradoiro onde aprenderemos a facer un colar de zonchos e despois remataremos a xornada cunha visita guiada especial.

O 30 de novembro, obradoiro “A metade silenciada” de balde para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  

 

Apertura especial o 8 de decembro, luns, o PAAR abrirá as súas portas en horario de 10-16h. 

Visitas guiadas diarias:

Como sempre, ofreceremos visitas guiadas ás 12:30h.

 

Horario de apertura de 10-16h. 

 

Agardámoste!