Volve Invernía para pasar unha mañá na prehistoria!

Este xaneiro e febreiro, viaxa no tempo connosco e convértete nun auténtico/a experto/a na Prehistoria. Descubre os segredos dos nosos antepasados a través de dúas experiencias únicas:

  • Pintura rupestre: Coñece os pigmentos naturais que deron vida ás primeiras obras de arte da humanidade. Aprenderás a fabricalos ti mesmo e deseñarás a túa propia lámina prehistórica.

  • O dominio do lume: Como sobrevivían sen mistos nin chisqueiros? Aprende as técnicas de percusión e fricción para despois  practicar a arte de facer lume con madeira. (Si, con paus!).

📅 Cando? Todos os fins de semana de xaneiro e febreiro ás 11:00 h.

Reserva Agora

E para o público familiar e amigos, hai dous xogos para pasar unha xornada do máis divertida!

Petroaventura 

Un xogo de orientación o aire libre que te levará a percorrer os sendeiros do parque arqueolóxico mentres descobres os misterios que agochan as laxes de Campo Lameiro.

Escape room “O tesouro da moura”

Xogo de pistas que se realiza no interior do centro de interpretación, onde porás a proba a túa habilidade para resolver enigmas!

 
 Máis información: no correo reservas@paar.es ou no teléfono 886 151 195.