OFERTA DE CURSOS PARA O MES DE SETEMBRO.

“Fotografía nocturna de petróglifos” e “O traballo da madeira na Prehistoria”

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro ten o pracer de presentar a súa renovada oferta de cursos de formación que pretenden cumprir dous obxectivos: axudar á formación dos arqueólogos galegos e realizar actividades destinadas para o público xeral.

O primeiro curso titulado “Taller de Iniciación á Fotografía de Petróglifos” está programado para a noite do 12 de setembro e ten aberta a inscrición para calquera persoa interesada no tema, sendo especialmente recomendable para aqueles amantes da fotografía. Entre o profesorado contamos con dous expertos en fotografías diúrnas e nocturnas de petróglifos: Fran Ameixeiras e Luís Leclere do colectivo A Rula. Ambos se encargarán de explicar dunha forma amena e didáctica a metodoloxía empregada para conseguir eses resultados tan espectaculares que nesta ocasión teñen o privilexio de dispor como materia prima dous dos mellores petróglifos de Galicia, situados no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro: Laxe dos Carballos e Outeiro dos Cogoludos. O prezo deste curso é de 49 euros por persoa.

O outro curso en cuestión abre unha nova liña formativa do Parque baseada en traer aos mellores arqueólogos internacionais para ofrecer cursos especializados baixo o formato de Workshop, concibido principalmente para arqueólogos profesionais. Por esta razón denominamos este curso como a I edición do Workshop PAAR: “O traballo da madeira na Prehistoria”. Un evento programado para o 25-26 de setembro baixo a dirección do prestixioso arqueólogo Juan Antonio Marín de Espinosa, da empresa Sílex Arqueología y Difusión del Patrimonio S.L. . O prezo deste curso é de 199 euros por persoa.

As persoas interesadas nestes cursos teñen máis información na nosa web: www.paar.es. Esperamos que as prazas se esgoten en poucos días pola alta calidade dos relatores, os prezos económicos e as poucas prazas dispoñibles. Con todo, a data límite de reserva é o 8 de setembro, e pódese realizar por vía telefónica, 986 696 066, ou por correo electrónico, reservas@paar.es .

Descarga os programas: