OS HOSTALEIROS DE MAR DE COMPOSTELA VISITAN O PAAR

O PAAR pecha o 2015 con 35 establecementos hostaleiros adheridos ao “Programa Anfitrións”

O pasado xoves 26 de novembro, o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro recibiu a visita da asociación de casas de turismo rural “Mar de Compostela”, formada por máis de 13 establecementos dos concellos da Estrada, Cerdedo e Forcarei. Nesta primeira reunión enmarcada dentro do “Programa Anfitrións” asistiron os seguintes socios da asociación: Casa Florinda (Pedre, Cerdedo), Torres de Morera (Callobre, A Estrada), Casa Botica (Loimil, A Estrada), Casa Val Fresco (Curantes, A Estrada), Casa A Mimoseira (Nigoi, A Estrada), Casa do Avó (Codeseda, Estrada), Casa Palomar (Codesda, A Estrada), Casa do Lagoeiro (Vilar, A Estrada).

O PAAR pecha o ano 2015 cunha lista de 35 aloxamentos da provincia de Pontevedra incluídos dentro do “Programa Anfitrións”, grazas á última incorporación dos empresarios hostaleiros de “Mar de Compostela”. Os clientes destes establecementos gozarán de descontos nas entradas do PAAR, ademais doutra serie de servizos centrados en actividades e paquetes turísticos vinculados coa Arte Rupestre.

 

Pequena exposición dos servizos do PAAR Foto de familia dos socios de Mar de Compostela que se achegaron ao PAAR