Pasear polo Parque é unha experiencia para os sentidos. Patrimonio cultural e paisaxe danse a man e permiten experimentar a maxia agochada nalgúns dos máis fermosos e significativos petróglifos de Galicia no contexto ambiental que lles dá sentido.
Un itinerario de máis de 3 kilómetros de lonxitude, salpicado por áreas de descanso e fontes, atravesa unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petróglifos na que é posible contemplar os principais motivos e escenas que se plasmaron nos gravados rupestres galegos.