Arquitectura

O estudio RVR Arquitectos, foi o gañador do concurso de ideas convocado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e o responsable do deseño do Parque Arqueolóxico, inaugurado en 2011.

O Centro de Interpretación configúrase como un corpo alongado, completamente cuberto por lousas de pedra, que parece emerxer do terreo para integrarse na paisaxe de forma natural. A disposición das lousas de granito produce luces e sombras sobre a fachada que cambian ao longo do día e confírenlle á vez un carácter tectónico e natural. Un gran oco atravesa o edificio en sentido norte-sur converténdose nun espazo de recepción exterior e na porta de acceso ao Parque Arqueolóxico.

Na parte baixa do edificio dispóñense os espazos expositivos, a cafetería-restaurante e a tenda, mentres que a parte alta alberga os espazos destinados á xestión do Parque e á investigación (salas de investigadores, laboratorio, arquivo e biblioteca).

ArquitecturaPAARexterior InteriorPAAR Zona escolar PAARexterior