Individual
Visita libre: a entrada conxunta á exposición permanente do Centro de Interpretación e á Área Arqueolóxica donde podemos localizar os petróglifos pode ser libre, apoiada polo folleto que entregaremos no mostrador da entrada, ou mediante a guía en formato papel dispoñible na tenda do Parque.
Visita guiada: percorre os principais puntos da Área Arqueolóxica do Parque, acompañado por un arqueólogo profesional que che desvelará todos os segredos para ver e apreciar o valor dos petróglifos situados neste privilexiado lugar. Ademáis, tamén está incluída a explicación da recreación do poboado da Idade do Bronce.
Grupos
O persoal do Parque de Campo Lameiro ofrece a cada grupo un servizo a medida para adaptarse ás necesidades de escolares, asociacións, turistas, congresos, etcétera. Velaquí ten a información necesaria:
Dossier servizos escolares 2023/2024.