Normas de las instalaciones

Os petróglifos localízanse na Área Arqueolóxica do Parque de Campo Lameiro. Os visitantes a este espazo arqueolóxico aceptan as seguintes normas para o uso das instalacións:

  • Os petróglifos posúen protección legal específica (Bens de Interese Cultural). Calquera agresión neles será sancionada pola administración, sendo especialmente daniño pisar a superficie dos paneis, ou remarcar os sucos dos gravados.
  • Ulitizar os camiños habilitados e sinalizados pola organización, xa que son os que se atopan no mellor estado.
  • Respectar a vexetación presente nas 22 hectáreas do Parque de Campo Lameiro.
  • Prohibición de depositar lixo ou calquera outro tipo de obxectos dentro do recinto.
  • Permitida a entrada de perros guía dos invidentes.
  • Permitida a entrada de perros do público xeral se levan correa.
  • Executar as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social polo Covid-19.

O Centro de Interpretación é un espazo que require dun ambiente de tranquilidade e sosego para unha visita de calidade. Por este motivo pedímoslles que acepten a seguinte normativa:

  • Depositen os bultos grandes nas taquillas habilitadas (mochilas, paraugas, bolsos, cámaras, etcétera,…).
  • Utilizar os lugares habilitados para a comida e a bebida: cafetería, restaurante e a zona exterior das mesas.
  • Permitida a entrada dos perros guía dos invidentes.
  • Executar as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social polo Covid-19.