Os petróglifos localízanse na Área Arqueolóxica do Parque de Campo Lameiro. Os visitantes a este espazo arqueolóxico aceptan as seguintes normas para o uso das instalacións:
-
Os petróglifos posúen protección legal específica (Bens de Interese Cultural). Calquera agresión neles será sancionada pola administración, sendo especialmente daniño pisar a superficie dos paneis, ou remarcar os sucos dos gravados.
-
Ulitizar os camiños habilitados e sinalizados pola organización, xa que son os que se atopan no mellor estado.
-
Respectar a vexetación presente nas 22 hectáreas do Parque de Campo Lameiro.
-
Prohibición de depositar lixo ou calquera outro tipo de obxectos dentro do recinto.
- Executar as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social polo Covid-19.
O Centro de Interpretación é un espazo que require dun ambiente de tranquilidade e sosego para unha visita de calidade. Por este motivo pedímoslles que acepten a seguinte normativa:
-
Espazo sen cámaras de fotos, videocámaras, tabletas ou teléfonos intelixentes..
-
Depositen os bultos grandes nas taquillas habilitadas (mochilas, paraugas, bolsos, cámaras, etcétera,…)
-
Utilizar os lugares habilitados para a comida e a bebida: cafetería, restaurante e a zona exterior das mesas.
-
Non está permitida a entrada a aniamis, excepto os cans guía dos invidentes.
- Executar as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social polo Covid-19.