ATARDECERES
Fecha: sábados de xuño, xullo e agosto (19:00 h.) Duración: 90 minutos
Público destinatario: xeral e familiar Precio: Entrada+3 euros
Estamos ante unha visita única que representa a unión entre a paisaxe e a natureza nun momento especial, a posta de sol no medio do val do Lérez; e un itinerario máis completo que a clásica visita do Parque, descubrindo outros petroglifos como Chan da Isca ou Pedra Furada.
Nesta edición incorporamos un novo relato e fío condutor, a arte rupestre é a primeira arte da humanidade. A Historia da Arte permite que xurdan novas ideas e contidos durante a nosa visita a un museo de arte de catro mil anos nunha área arqueolóxica de 22 hectáreas de extensión.
Reservas: 886 15 11 95/reservas@paar.es (Reserva previa)
Vídeo: Atardeceres 2019
NOITEPEDRAS DE CORES
Fecha: venres de xuño, xullo e agosto (19:00 h.) Duración: 120 minutos
Público destinatario: xeral e familiar Precio: 10 € adult@s/ 8 € nen@s
Nunha contorna única, cando o sol do verán cae e as luces nocturnas alumean, xorde NOITEPEDRAS, unha experiencia cultural do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro que vai pola súa quinta edición.
Este ano ofreceremos unha experienica única dende o punto de vista visual e sensorial pola incorporación dunha iluminación de diferentes cores. Unha nova visión de rochas tan emblemáticas coma Laxe dos Carballos, tinguidas de cores, é unha vivencia difícil de esquecer coma a sorpresa que nos vai causar ollar gravados que é moi difícil de atopar coa luz natural.
Vídeo: Noitepedras 2019