Descubre a maxia dos petróglifos ao pór do sol. Noites no PAAR
De día, os petróglifos son fascinantes. De noite, son máxicos. As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre. As lanternas revelan a verdadeira esencia dos gravados. A iluminación na escuridade realza cada trazo, cada figura, permitíndoche ver detalles que a luz do día non revela. Ven e descubre por que a noite é o mellor momento para explorar os segredos das rochas de Campo Lameiro.
Proximamente desvelaremos novas datas das visitas nocturnas.
Que inclúe este billete?
- Visita nocturna ao Parque Arqueolóxico con guía experto en Arte Rupestre.
- Grupo máximo de 25 persoas.
Recomendacións
- Chegar ao recinto 10 minutos antes do comezo da actividade.
- Calzado cómodo e roupa de abrigo.

