VISITA GUIADA
Prezo: 6 euros Duración: 1 hora
Se visitas un museo de arte contemporánea seguro que o prefires facer con alguén que che axude a interpretala. Pois na arte rupestre, a experiencia mellora, e moito, se te acompaña unha das nosas especialistas. Así daraches as claves dos enigmáticos significados e mesmo mellorar a percepción dos gravados na pedra.
Visita connosco os principais puntos da Área Arqueolóxica do Parque ademais da recreación do poboado da Idade do Bronce. Consulta os horarios das visitas guiadas programadas para cada día.