COMEZO DO CURSO “ TÉCNICAS DE REXISTRO E INTERPRETACIÓN DA ARTE RUPESTRE”

Este venres asistiremos a unha nova actividade formativa organizada polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, adicada nesta ocasión á explicación por parte de especialistas en Arte Rupestre das diferentes técnicas empregadas para o rexistro e documentación dos petróglifos. Un curso que conta coa colaboración e apoio científico de diferentes entidades universitarias galegas e portuguesas: FCT-Lab2PT (Universidade do Minho), Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) o Grupo de Prehistoria e Estudos do Noroeste (GEPN-USC).

A presentación do curso contará coa intervención do Delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena Puentes. A continuación abrirá a serie de relatorios Ramón Fábregas e Carlos Rellán co “O estudo dos petróglifos, máis dun século de investigación”.

Entre as 50 persoas inscritas atopamos unha notable diversidade na formación profesional (historiadores, arqueólogos, restauradores, historiadores do arte); procedentes principalmente de Galicia, pero coa chegada de alumnos doutras autonomías coma Madrid e Valencia.

  Patricia Mañana e Guimil2 Patricia Mañana e Guimil