CURSO FORMATIVO: “TÉCNICAS DE REXISTRO E INTERPRETACIÓN DA ARTE RUPESTRE”

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro é un centro de referencia a nivel europeo para gozar dunha oferta educativa, cultural e lúdica baseada nos petróglifos.

Atendendo á necesidade formativa, o Parque Arqueolóxico organiza o I curso de Técnicas de rexistro e interpretación da Arte Rupestre, no que se combinan a formación teórica e práctica. Este curso está dirixido por destacados investigadores que están a desenvolver na actualidade diferentes iniciativas sobre os petróglifos de Galicia.

Este curso está destinado aos profesionais e estudantes dos distintos ámbitos do Patrimonio Cultural, así como aos diversos amantes e interesados no patrimonio rupestre galego.

Ten unha duración de 17 horas lectivas, que pretende proporcionar unha visión teórica e práctica sobre a evolución a evolución dos sistemas de documentación dos petróglifos ao longo do tempo, desde os máis tradicionais ata os máis actuais (tecnoloxìas 3D a través da fotogrametría e escaneado láser).

A formación inclúe unha panorámica sobre algúns dos temas de discusión na actualidade. Ó final do curso expedirase un diploma acreditativo da participación no mesmo recoñecendo o número total de horas cursadas.

Máis información do curso

cartel curso